Co motivo de ofrecer a nenos e maiores unha experiencia diferente a delegación de Xuventude e Deportes de Lourenzá leva a cabo unha viaxe á neve, o vindeiro 5 de marzo, que para moitos supón a primeira toma de contacto cunha contorna diferente á nosa.
A “Viaxe á neve e iniciación ao esquí” comezará ás 07.00 horas de onde sairá puntualmente o autobús dende o Cantón. A chegada á estación de esquí “Fuentes de Invierno”, en Asturias, está prevista para as 10.00 horas cando se iniciará a recollida de equipo para comezar o cursiño con monitores especializados a partir das 11.30 horas.
A comida na estación está prevista para as 14.30 horas e a partir das 15.00 horas haberá a posibilidade de poñer en práctica o aprendido ata ás 17.30 horas que se disporá de media hora para merendar antes da volta cara a Lourenzá ás 18.00 horas. A chegada a Lourenzá está prevista para as 21.00 horas.
O técnico de deportes do Concello e o monitor de ocio e tempo libre, Rubén García e David Cabaleiro, respectivamente, recomendan levar: pantalón impermeable, calzado impermeable/ botas de trekking, chaqueta/plumífero impermeable (de non selo, chuvasqueiro por enriba), luvas (impermeables), polar, gorro, braga para o pescozo, gafas de sol (a poder ser de pasta/plástico polas caídas) e unha mochila pequena.
Inscricións
Os interesados poderán inscribirse achegando a autorización dos pais, unha fotocopia do DNI e outra da tarxeta sanitaria ao Concello. O prezo da actividade é de 45 euros para rapaces e rapazas de entre 7 e 17 anos e 50 euros por persoa para adultos onde se inclúe o transporte, alugueiro de equipos e tres horas de clases.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



