Lugo, 4 de febreiro de 2014.- A directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez Abeal, abriu este serán en Lugo unha xornada para consumidores dentro da campaña Dálle luz á túa factura, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización coa que a Consellería de Economía e Industria persegue facer máis compresible a factura da luz resolvendo as dúbidas da cidadanía e fomentando, ao mesmo tempo, o aforro enerxético.
No encontro que tivo lugar na sede de Conumar (Asociación de Consumidores e Usuarios en Marcha), e participaron tamén a Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Monterroso, así como as asociacións Lucus, Acua e Acul, os consumidores tiveron a ocasión de coñecer o simulador eléctrico, unha aplicación dispoñible na web do Instituto Galego de Consumo que permite aos usuarios obter información sobre cada un dos elementos que conforman a factura eléctrica, personalizala e adaptala ao seu caso concreto recomendando unha potencia a contratar. Esta ferramenta desglosa, tamén, o consumo do fogar, determinando o equipamento eléctrico co que conta a vivenda e as posibilidades de optimizar o seu consumo.
Os asistentes á xornada celebrada en Lugo puideron consultar as súas dúbidas a respecto da factura eléctrica e resolver diferentes casos prácticos, así como obter información sobre as distintas vías para darlle solución ás súas reclamacións. Ademais, recibiron consellos de técnicos do Inega sobre como reducir o consumo de enerxía no fogar.
A oficina do Instituto Galego de Consumo en Lugo tramitou no 2013 un total de 634 reclamacións no eido da enerxía eléctrica, o que supón un 30% menos que no 2012. Un 60% das reclamacións tramitadas o ano pasado xa foron resoltas de xeito favorable para o consumidor. Isto deixa de relevo non só a necesidade de campañas como a que hoxe se presentou na cidade lucense, senón tamén a importante labor que desenvolve o IGC na resolución extraxudicial de conflitos.
Ademais de charlas como a realizada hoxe en Lugo, a campaña Dálle luz á túa factura contempla máis de 600 actuacións que beneficiarán a medio cento de concellos galegos e a 50 entidades que inclúen ás asociacións de consumidores. A todos eles facilitaráselles formación para o seu persoal co obxectivo de que poidan levar a cabo o programa no seu ámbito de actuación. Así mesmo, a través da Escola Galega de Consumo realizaranse obradoiros prácticos para usuarios de asociacións de persoas maiores ou con discapacidade, ao tempo que se incluirá Dálle luz á túa factura na programación anual da rede de centros para a modernización e innovación tecnolóxica da AMTEGA.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



