O hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, ofrece promocións especiais para celebrar San Valentín os días 14, 15 e 16 deste mes ademais de sortear unha noite na suite. Estes tres días haberá un menú especial con aperitivo San Valentín, lagostinos en tempura con salsa da paixón, cachopo de vaca con cecina e queixo San Simón, brocheta de froitas con chocolate quente, viño godello ou mencía da denominación de orixe Ribeira Sacra, agua mineral, café e licores da terra por 50 euros parella. E para quen queira pasar a noite no hotel terá cea, habitación dobre e almorzo por 95 euros parella. Ademais hai outra promoción que inclúe unha cea e dúas noites no hotel con almorzo por 145 euros parella. Entre todos os que degusten o menú San Valentín o hotel restaurante O Cabazo sorteará unha noche na suite con botella de cava e almorzo incluídos. Os interesados poden dirixirse ao hotel restaurante O Cabazo, na rúa Río do Amalló, de Ribadeo, chamar ó teléfono 982 128 517 ou visitar a web www.hotelocabazo.com.
