O Entroido comezou en Ribadeo o pasado sábado 22 de febreiro coa degustación de freixós no Cine Teatro e na antiga Oficina de Turismo e continuará ata o sábado 8 de marzo.
O venres 28 de febreiro, tamén no Cine Teatro, terá lugar o Pregón do Entroido a cargo da charanga Aturuxo con motivo do seu 25 aniversario.
E o sábado 1 de marzo repetirase a degustación de freixós no Cine Teatro e na antiga Oficina de Turismo entre as once da mañá e as oito da tarde; mentres que o domingo lardeiro (2 de marzo) a degustación rematará ás tres da tarde para deixar paso á celebrarción do baile infantil na Sala de Festas Rosa Lar a partir das cinco da tarde. Ademais, a Comparsa do Cocho percorrerá as rúas de Ribadeo durante a mañá do domingo acompañada do grupo de gaitas Follas Novas.
Xa o luns 3 de marzo, luns fareleiro, terá lugar a VIII Cea do Entroido na carpa instalada no parque San Francisco amenizada pola Discoteca Móvil Blanco y Negro. As tarxetas están á venda por 20 euros/persoa no Cantón Bar, Foto Miguel, El Rincón del Gordo, Gráficas Ribadeo e Asador La Plaza.
E, como ven sendo habitual, o martes de Entroido celebrarase o Gran Desfile de Disfraces a partir das cinco da tarde dende a Avenida Rosalía de Castro ata a Casa do Concello.
Entre os participantes repartiranse máis de 3.500 euros en premios nas categorías de charanga, contracharanga, carrozas (adultos) e grupos, parellas e individuais (infantil). As inscricións poderanse realizar no teléfono 610 395 360 ou na mesa instalada na Estación de Autobuses o 4 de marzo entre as tres e as catro e media da tarde.
Finalmente, as actividades do Entroido 2014 rematarán co Queima do Entroido o sábado 8 de marzo con saída ás nove do serán diante o Concello ata a Avenida Rosalía de Castro onde se queimará o Entroido no medio de fogos artificiais.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



