Este xoves tivo lugar a entrega do premio ao último gañador do Campañazo do pasado mes de xaneiro. O afortunado con 300 euros en vales de compra foi José Luis López Bouza, que cantou o bingo na cafetería Happy Days cun boleto que lle fora entregado na Asesoría Marcos Fernández. Outras seis persoas recibiron vales de compra por importe de 50 euros (cada unha) para gastar nos establecementos asociados ao longo das vindeiras semanas. En total a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz repartiu no Campañazo de xaneiro 3.000 euros en premios.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



