Con 120 nadadores participando na competición/exhibición da tarde, cun gran número de “pequenos” que participaron, e con 140 comensais na cea/baile, os actos organizados para conmemorar os 25 anos do Club de Natación de Xove foi un éxito total. A Directiva do club quere “dar as grazas a todos os socios, amigos, institucións e especialmente a todos os nadadores (do club e foráneos) que fixeron posible que os distintos actos para celebrar este 25 aniversario foran un éxito”.
