A pasada fin de semana celebrouse en Zaragoza, o Campionato de España de Veteranos de Pista Cuberta, na que tivo unha destacada participación o atleta do C.D.Egovarros-Viveiro, José Rioseco, acadando o sábado o campeonato de España na proba de 800 metros cun tempo de 2 minutos e 47 segundos, na categoría de
M-70. E o domingo pola mañá, proclamouse subcampeón na proba de 1500 metros, cun tempo de 5 minutos 47 segundos. Este atleta xa batira o fin de semana pasado na Coruña, o record galego de 800 metros e 200 metros.
O pasado domingo celebrouse na cidade de Ferrol, o Campeonato Galego de Campo a Través de Veteranos, donde os atletas do C.D. Egovarros-Viveiro, acadaron a cantidade de 7 medallas; 3 ouros, 2 pratas e 2 bronces.
No apartado femenino as medallistas foron: Francisca Romasanta en W65 foi medalla de ouro, Begoña de Arriba en W55 foi medalla de prata e Manuela Guisasola en W50, medalla de bronce.
No apartado masculino: Antonio Cabana en M70 foi medalla de ouro, Antonio Hernández en M65 foi medalla de ouro e o seu compañeiro Fernando Ramos en M65 foi medalla de bronce e Ricardo Álvarez en M45 obtivo a medalla de prata.
Neste campeonato, como no pasado celebrado na Coruña en Pista Cuberta, o clube Egovarros-Viveiro, foi o clube galego que máis medallas acadaron os seus atletas na categoría de veteranos.
Os atletas do clube Egovarros prepararán a seguinte proba, que será o Campeonato de España de 10 km en ruta a celebrar na localidade de Padrón o próximo 5 de abril.
*No centro Antonio Hernández e á dereita da foto Fernando Ramos.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
