Centos de milleiros de persoas despexadas, fugas constantes, enormes custos económicos… 3 anos despois da catástrofe, o governo xaponés pretende reabrir as súas nucleares e Rajoy facer o propio con Garoña, un reactor idéntico ao de Fukushima 1.
A lección de Fukushima está lonxe de ser aprendida
O 11 de marzo de 2011 un tremor de terra e posterior maremoto puxo en evidencia as medidas de seguridade das centrais nucleares: Dos seis reactores da central xaponesa de Fukushima, tres estouparon e sufriron fusións (o accidentre máis grave) e outro resultou danado. .
Toneladas de materiais radiactivos foron emitidos á atmosfera e vertidos á auga e ontamináronse 28 millóns de metros cadrados de solo. Ccentos de milleiros de persoas foron despexadas e gastáronse preto de 400.000 millóns de dólares só en medidas de contención e indemnizacións polo accidente.
Malia a isto, o governo xaponés está a pensar en reabrir as súas centrais, máis de 4 ducias, que levan 3 anos paradas. Porén, o país está moi lonxe de afundirse economicamente, como aseguraban os apóstolos da enerxía nuclear ao prescindir desta fonte de enerxía.
Cobiza, inconsciencia ou neglixencia cómplice
Lonxe de aprender dos erros, asumir que a enerxía nuclear nunca poderá ser segura, e aproveitar o “efecto Fukushima” para virar cara a eficiencia, a suficiencia e as renovábeis, os responsábeis políticos presionados polas electricas seguen empeñados en reabrir vellas instalacións e mesmo instalar outras novas.
Eis o caso da nuclear de Garoña, á que Rajoy permitíu seguir operando até 2019, a nuclear máis antiga do Estado e cuxa tecnoloxía ideéntica á do reactor de Fukushima 1.
A ameaza nuclear non é allea a Galiza
Alén da fallida central nuclear de Xove (1973) e as verteduras na foxa atlántica (anos 80), loitas na que o movemento ecoloxista tivo un papel fundamental, Galiza non está exenta da ameaza nuclear. En 2007, GN-Fenosa tentou queimar refugallos radiactivos na súa térmica de Meirama procedentes do desmantelamento da nuclear Zorita. E varias ubicacións próximas noso territorio foron candidadas a acoller as instalacións dun novo vertedoiro de refugallos nucleares alta actividade.
Todos os días pasan fronte ás nosas costas ducias de buques con mercadorías perigosas, incluido material nuclear. Un accidente como o recente embarrancamento da gabarra Prima, procedente da Ucraína, podería desencadear outra catástrofe. Este barco en particular foi obxecto de seguemento por parte de ADEGA para descartar a presenza de contaminación radiactiva.
Acontece que a gabarra, con base en Moldavia, estaba operada por unha compañía ucraína adicada ao movemento de graneis sólidos, incluídas terras e sedimentos contaminados. E Ucraína está a desenvolver un xigantesco plano de movemento de terras contaminadas pola catástrofe de Chernóbil. Por sorte, as medicións tomadas nas adegas do barco non amosaron unha actividade radiactiva significativa… nesta ocasión.