O departamento de Relixión Católica do IES Vilar Ponte de Viveiro, á fronte do cal está o profesor Paco Janeiro organizou unha visita ó Concello de Samos con alumnos que cursan esta asignatura en 1º da ESO para visitar o Mosteiro Benedictino. Foron recibidos polo alcalde de Samos que lles fixo unha recepción no Concello, onde lles explicou un pouco de historia e da economía deste municipio. Posteriormente visitaron o Mosteiro benedictino, onde foron guiados polo Padre Prior visitando os claustros (o de Feijóo e o das Nereidas), así coma a iglexa e a súa biblioteca. A experiencia foi moi satisfactoria e agardan repetirla en próximos cursos.
