A CIG-Saúde A Mariña quere facer público o derrubamento do teito nas consultas externas do Hospital da Costa “ao parecer sen danos humanos”. “Cando un hospital con case 30 anos de vida non se coida acontecen estas cousas que puideron rematar en desgracia a unha hora onde os corredores de consultas estaban abarrotados de pacientes”, critican.
