Dirixentes de Compromiso por Galicia pecharon onte os flecos que faltaban para selar a coalición na que a formación concorrerá ás eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro 25 de maio; no que CiU, Coalición Canaria, PNV e CxG se presentarán baixo as siglas de CEU (Coalición por Europa), aínda que en Galicia as únicas siglas que se visualizarán serán as de Compromiso por Galicia.
Na reunión de celebrada onte en Madrid ultimáronse detalles organizativos e programáticos para cerrar o acordo da coalición, por parte da organización galeguista levaron a negociación Iván Marrube e Manuel Gonzalez.
A presentación oficial da candidatura terá lugar o 28 de abril en Madrid, acto no que participarán os presidentes das catro formacións que forman a coalición, Artur Mas (Ciu), Andoni Ortuzar (Pnv), Paulino Rivero(CC) e Xoán Bascuas (CxG).
A lista de Compromiso por Galicia será encabezada polo candidato ou candidata elixida en primarias abertas á cidadanía que se ven celebrando nestes días por distintas cidades, e que culminará mañá sábado en Ourense, cando se coñecerá o nome do candidato ou candidata que encabezará a lista.
“O peche en Madrid este xoves desta alianza supón un paso importante de cara a representatividade dos galegos en Europa, tanto pola importancia da coalición como que dende Compromiso estamos mostrando ser o único partido galego con vontade de representar verdadeiramente a unha gran maioría social galega”, concluíu Marrube.