O CEIP San Cosme de Barreiros informa que xa está aberto o período de matriculación para o curso académico 2014/2015.
Poden presentar as solicitudes para a admisión aqueles nenos e nenas que cumpran os 3 anos antes do 31 de decembro de 2014 e tamén os nenos e nenas de catro anos ou máis que desexen cursar os seus estudos neste centro educativo.
O prazo de admisión mantense aberto ata o 20 de marzo; pero dende a dirección sinalan que “non hai problema en atender solicitudes que veñan pasada esa data sempre que queden prazas dispoñibles”.
O vindeiro mércores 12 de marzo ás 16.30 horas terá lugar unha reunión informativa aberta ó público para explicar o sistema educativo do CEIP e dar a coñecer o funcionamento do centro, as instalacións, o servizo de comedor e o persoal docente co que conta. No encontro os veciños de Barreiros e doutras localidades poderán recabar información sen ningún compromiso.
Ademais, este ano dende o CEIP San Cosme teñen unha importante noticia que compartir: a creación dunha praza fixa de profesor de Primaria para o centro. Formará parte da plantilla xa o vindeiro curso académico.