Lugo, 31 de marzo de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular lamentou que o presidente da Deputación de Lugo, o socialista Jose Ramón Gómez Besteiro, non aproveite o inicio do Plan de emprego “para chegar a todos os concellos da provincia sen ningunha discriminación”
CONSOLIDA UN PLAN INSUFICIENTE E DISCRIMINATORIO
Os populares din que o bipartito provincial consolida no día de hoxe, co comezo das contratacións, un “insuficiente e discriminatoiro, que xera parados de primeira o segunda categoría en función do municipio no que residan”.
Neste senso reiteran que os feitos veñen a confirmar as denuncias efectuadas desde o GPP, isto é que as bases deseñadas por PSOE e BNG non permitiron presentarse á selección a nove de cada dez desempregados e a 55 concellos dos 67 da provincia, quedan fora comarcas enteiras como as de Lugo, Terra Cha, Chantada e Meira que non terán ningún beneficiario.
PROFUNDO MALESTAR
Desde o Grupo Provincial Popular teñen constancia do profundo malestar que existe entre os concellos excluídos por Besteiro e de das queixas de moitos desempregados que observan como un plan financiado con fondos públicos acaba converténdose “nun instrumento de castigo e desprezo para a inmensa maioría dos parados da provincia”.
Os populares unha vez máis “volven a asumir a voz dos concellos lucenses aos que o Presidente non quixo escoitar” e insisten en reclaman un plan universal ao que poidan acceder todos os municipios da provincia de xeito similar ao que acontece coas medidas de fomento do emprego que impulsa a Xunta
A XUNTA CHEGA A TODOS, A DEPUTACIÓN NON
Neste senso os populares quixeron deixar claro que fronte ao falso discurso que formulan desde a Deputación, a Xunta de Galicia financia a contratación de desempregados en todos os concellos da provincia a través do Plan de Cooperación. E tamén todos os municipios teñen a capacidade de solicitar, de xeito independente ou en mancomunada, un obradoiro de emprego.
“O modelo Besteiro de creación de emprego é discriminatorio. Non todos os desempregados lucenses teñen os mesmos dereitos porque socialistas e nacionalistas deciden facer un plan á carta dirixidos só a uns poucos concellos”- conclúen desde o GPP.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



