O grupo de apoio a AGE de Ribadeo manifesta o seu respaldo á manifestación convocada polos sindicatos e movementos sociais o vindeiro día 26 de marzo en Burela para expresalo rexeitamento dos recortes e medidas privatizadoras do goberno galego e do SERGAS.
“Estes recortes, que están a provocar un grave deterioro da sanidade pública, forman parte da estratexia do Partido Popular orientada a desprestixiar e debilitar a sanidade pública para fomentar o crecemento e capitalización do sector privado”, manifesta Iván Rodríguez, do grupo de apoio a AGE de Ribadeo.
Así, “denunciamos especialmente a aprobación da chamada Lei de Garantias Sanitarias, que coa disculpa de reducir os tempos de agarda de primeiras consultas e intervencions cirúrxicas pretende trasladar ao sector privado a decenas de miles de usuarios -no momento actual hai 75.000 incluidos nas previsions da devandita lei, segundo os datos da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública-“.
Tamén defenden que “se poden acadar os mesmos ou mellores resultados con menos recursos económicos, incrementando a capacidade do sector público, mantendo as plantillas e xestionando os recursos con axilidade e criterios de eficiencia”.
Polo tanto, chaman á cidadanía a participar desta convocatoria, pois entendemos que hai que parar a estratexia do Partido Popular. De non facelo, asistiremos ao progresivo crecemento do sector privado a costa de parasitar e adelgazar o sector público.