O concelleiro popular de Viveiro Celestino García ven de rexistrar un par de preguntas sobre o servizo de recollida de aceites usados e colocación dos seus depósitos e a fonte de auga da praza Juan Donapetry.
Así, o concelleiro recorda que “no pleno do 20 de xuño de 2013, o grupo municipal popular fixo un ROGO dirixido ó alcalde para que realizase as xestións necesarias coa empresa que se encarga da colocación de depósitos e recollida de aceites usados, como unha medida para contribuir á mellora do noso medio ambiente, tal e como xa fan noutros Concellos da Mariña, sendo a súa resposta que xa se estaba facendo todo”. Como “pasaron varios meses e a situación sigue igual e dado que descoñececemos en que punto se encontran as xestións para dispor deste serivzo no noso Concello”, preguntan “en que punto se encontran, a día de hoxe, as mencionadas xestións coa empresa que se encarga da recollida de aceites usados e colocación dos depósitos”.
Por outra banda, recorda tamén que “no pleno do 1 de agosto de 2013 o grupo municipal do PP preguntaba ó alcalde pola fonte pública de pedra da praza Juan Donapetry, interesándonos pola falta de auga, así como que levaba moito tempo sin funcionar”. Nese Pleno, tal e como consta na acta, inforabase de que “a auga desta fonte proviña dun maniantial procedente dos prados existentes por enrriba do Campo de Urraca, que xa había anos que deixara de funcionar e non sen podía determinar a súa causa”. “Para poñela a funcionar sería necesario buscar o manantial e estes traballos poderianse facer cara os meses de setembro ou outubro; pero a día de hoxe a situación segue igual que naquel momento” polo que lle preguntan á alcaldesa sobre “o motivo polo que non mana auga desta fonte e para cando está prevista a súa reparación e posta en funcionamento”.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



