Foz, 25 de marzo de 2014. O Concello de Foz ten concedido o curso Celga 2 que se desenvolverá no IES do 1 de abril ao 28 de maio de luns a venres de 19 a 21 horas. Anunciouno hoxe a concelleira de Educación, Mercedes González Alonso, quen explicou que todas aquelas persoas interesadas e que estean preinscritas deben confirmar a súa participación. O prazo remata o día 31 deste mes de marzo.
O exame realizarase en Lugo o día 15 de xuño e o prazo de matriculación remata o 11 de abril, para o que hai que pagar as taxas correspondentes, de 15,61 euros.
Os interesados poden dirixirse á biblioteca municipal de Foz ou chamar ao teléfono 982.14.06.75.