Após do éxito de todas as edicións de cursos de fotografía dixital que o Observatorio ven organizando desde o 2009 en diferentes localidades da Mariña, chega outra nova edición desta volta en Ribadeo. Olladas de mulleres 3.0, que será impartido pola mariñá Xela Rodríguez, terá lugar os martes e xoves do mes de abril (concretamente os días 1, 3, 8, 10, 15, 22, 24 e 29), de 18.00h a 20.30h, no Telecentro de Ribadeo.
O prazo de inscrición – as prazas están limitadas a 20 – atópase aberto até o próximo luns 31 de marzo. As mulleres que desexen participar no curso de fotografía dixital só teñen que enviar un mail a observatorioigualdade@gmail.com ou chamar ao 627.037.668.
Olladas de mulleres 3.0, cunha duración de 20 horas teórico-prácticas, ten un custe de 10 euros, sendo completamente gratuíto para as socias do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Asimesmo, as persoas que desexen facerse socias do Observatorio, por 20 euros ao ano, xa se beneficiarían da gratuidade para socias deste curso de fotografía dixital.
Olladas de mulleres 3.0 é un curso de fotografía dixital enfocado a coñecer, mirar e analizar a imaxe desde un punto de vista feminista, así como un espazo de diálogo, reflexión e creatividade, de formación social e de expresión artística. Entre outros obxectivos plantexa o de propoñer a fotografía como ferramenta de comunicación e, por suposto, coñecer a obra de diferentes fotógrafas que contribuíron e contribúen ás transformacións históricas na fotografía e á linguaxe da imaxe.



















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



