Este venres 28 de marzo, ás 20.30 horas na Casa das Letras de Ribadeo celebrarase, organizado pola A.C. Francisco Lanza, un debate en torno ao ensaio de Xaime Subiela “Para que nos serve Galiza”. Estarán presentes, ademais do propio autor, Xavier Campos, concelleiro de mocedade en Ribadeo, traballador cultural, e membro da Executiva do BNG; Ismael Rego, exdeputado autonómico do PSdeG-PSOE, foi voceiro do Grupo Parlamentario Socialista; Celtia Traviesas, enxeñeira técnica agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en xornalismo pola Universidade de Barcelona e a Columbia University de NY. Membro do espazo de aprendizaxe e creatividade pedagóxica Maumarela de Ribadeo. Convidámosvos a todos e todas a que vos acheguedes ata a Casa das Letras o vindeiro venres 28 de marzo, ás 20,30 para poderdes participar deste interesante debate.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



