Co gallo do Dia para a Eliminación da Discriminación Racial, este venres 21 de marzo, a Asociación para a Cooperación con Cabo Verde –ACCVE, en colaboración coa área de Traballo Social do Servizo de Atención Primaria de Burela, realizará unha actividade de prevención do racismo e a discriminación racial, dirixida ás familias dos escolares de Burela. A actividade consistirá na entrega, por parte de voluntarias/os ataviados con batas brancas, de panfletos co lema “O racismo, un problema de saúde psicosocial. Non deixes que a tua filla/o enferme” , acompañado de frases de activistas antiracistas como Nelson Mandela e Rigoberta Menchú. A acción terá lugar coincidindo coa hora de saída dos centros de infantil e primaria de Burela, Vista Alegre e Virxe do Carme (14 horas).
Prevención do racismo e a discriminación racial en Burela
Prevención do racismo e a discriminación racial en Burela
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia