É inimaxinábel unha Galicia sen a Invención apostólica ou o Camiño de Santiago, do mesmo xeito ca Roma sen a Sede de Pedro. Inglaterra e Escocia levan en cadansúas bandeiras as cruces de San Xurxo e Santo André, como nosoutros levamos no noso escudo o Sacramento de Lugo. A cruz define cadansúas bandeiras suiza, norueguesa, sueca ou danesa. Xa que logo, non se pode entender a cultura e a civilización europeas sen o cristianismo que constitúe, asemade, a principal achega aos valores comúns da ética civil europea. Ao tempo, o cristianismo foi quen de enfrontar, hai xa moitas ducias de anos, a separación entre as cuestións políticas e relixiosas, separación que segue pendente noutras relixións monoteístas.
Malia todo isto, na Europa aínda non fomos quen a deixar de lado condutas incompatíbeis coa aconfesionalidade laica recollida nos nosos sistemas constitucionais. Deste xeito, na Galicia e no Estado seguemos a celebrar Funcións do Voto, Ofrendas ao Apóstolo e funerais de Estado que non han ter acollida neste tempo, lugar e réxime político. Por outra banda, Mr Cameron, o premier británico, ven de defender unha volta a uns valores relixiosos que xa non son comúns a unha Britania pluriconfesional. Semella que confundimos a antropoloxía cristiá (que evidentemente informa Europa) con rituais concretos que xa non integran toda a cidadanía.
Velaí a necesidade de sermos nomeadamente coidadosos en preservar esta aconfesionalidade laica, de xeito que ateos, agnósticos, cristiáns e membros doutras relixións poidan partillar uns valores convivenciais comúns, sen que uns ritos acaden prioridade simbólica sobre os outros. Agora ben, “aconfesionalidade laica” non significa “indiferenza laicista”. É evidente que o os diferentes cultos han ser considerados dende unha radical igualdade de trato que, porén, teña tamén en conta cadansúa implantación e labor social. Polo que o labor social e a raigame popular das organizacións católicas non poden ser esquecidas.
O que si faría ben a Igrexa Católica sería esquecer esa mistura visual entre relixión e civilidade que se segue a dar nalgúns actos públicos e que prexudica, máis ca a ningunha outra cousa, á singularidade e autenticidade dos propios valores cristiáns.
Xoán Antón Pérez Lema


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



