O vindeiro venres día 9 de Maio , celébrarase a cea – baile da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña. Terá lugar no Restaurante O Castelo (San Cibrao) a partir das 22 h. O menú que se poderá degustar está composto de: langostinos á plancha máis dúo de vieiras, lombo de pescada do pincho ás costas , entrecot de tenrreira á prancha con guarnicións e brazo de xitano con xeado. Bodega blanco Albariño e Rioxa tinto, augas e refrescos. Cafés, licores e por suposto….baile.
As entradas teñen un prezo de 35 € e poderán recollerse ata o día 7 de Maio nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo (en horario de 10-14 h), na Unidade Residencial de Cervo ( en horario continuo ) e no propio restaurante.
Dende a Asociación convidámolos a que se unan a esta xuntanza para disfrutar dunha noite divertida, relaxada e en boa compañía e tamén para traballar todos xuntos por romper co estigma que acompaña ás persoas con enfermidade mental e concienciar á sociedade da importancia de traballar por unha saúde mental de calidade.