O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; os Presidentes da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa dos traballadores provinciais, e os representantes das organizacións sindicais UGT, CIG e CSIF, asinaron hoxe un novo acordo maioritario, adoptado sen ningún voto en contra dos sindicatos na Mesa Xeral de Negociación de 15 de abril, en virtude do cal o Goberno provincial abonará a paga extra ós traballadores, “incautada no 2012 por decisión unilateral do Goberno central, presidido por Rajoy”, a través do Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo.
Gómez Besteiro destacou que en virtude deste novo acordo, froito do consenso, e unha vez se coñeza a resolución do acto de conciliación previsto para o vindeiro día 28 de abril, contra o que a Deputación comprométese a non interpoñer recurso algún, o Goberno provincial abonará a paga extra a todo o persoal funcionario e laboral. Tendo en conta a xurisprudencia previa, esta resolución será tamén favorable, de xeito que “previos os informes legais preceptivos en calquera administración, o abono farase efectivo coa nómina do vindeiro mes de xullo”, tal e como destacou o Presidente.
Este compromiso supón un paso máis na senda iniciada no 2012, cando o Pleno de setembro de dito ano, e co voto en contra do PP, formalizou o compromiso de buscar alternativas e fórmulas coas que protexer os dereitos adquiridos polos traballadores, sen incorrer en ilegalidade ou fraude de lei. Para iso, en outubro do mesmo ano a Deputación remitiu un escrito á Consellería da Presidencia para que trasladara ó Consello Consultivo de Galicia a petición dun ditame que analizara a intención da Deputación de compensar algún xeito a paga extra ós seus empregados. Polo momento, a Consellería de Presidencia aínda non deu resposta a dita petición.
Promoción profesional horizontal
Outro dos puntos destados deste acordo é o establececemento dun sistema de promoción profesional horizontal para todo o persoal funcionario e laboral que presta servizos na Deputación de Lugo, incluíndo tamén ó persoal temporal, e que será complementaria á promoción vertical ou interna.
Este mecanismo de promoción permitirá mellorar as retribucións dos traballadores que teñan unha avaliación positiva do seu rendemento laboral ó longo dun período determinado e que acrediten unha formación continuada e relacionada coas súas funcións, “adaptando así a promoción profesional a criterios máis obxectivos e modernos, con traballadores máis eficaces e formados que dean un mellor servizo público”, subliñou Besteiro. Nesta mesma liña, o Presidente destacou que “neste contexto de dificultades, hai que agradecer ós traballadores públicos que teñan dado o mellor rendemento sen obter por iso unha vantaxe económica”.
Rematar coa libre designación
Pola súa banda, os representantes sindicais así como os Presidentes da Xunta de persoal e do Comité de Empresa, que agradeceron a boa disposición para o diálogo por parte do goberno da Deputación, destacaron o positivo dun acordo que porá en marcha outras medidas, “mostra da progresiva profesionalización da xestión na entidade en base a criterios obxectivos”, como a de poñer fin á libre designación para a provisión de postos como as xefaturas de servizo, implantando como forma xeral o concurso de méritos, malia que a lexislación outorga a Alcaldes e Presidentes dita competencia.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



