Ribadeo, 30 de abril 2014.- A cabeza de lista do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, levará novamente a Bruxelas o problema de masificación e falla de medidas de conservación existente na praia das Catedrais. A candidata nacionalista aproveitou a súa visita á comarca da Mariña, onde mantivo un encontro co sector turístico en Ribadeo, acompañada polo alcalde, o nacionalista Fernando Suárez, para abordar a problemática existente no principal reclamo turístico da comarca.
A candidata do Bloque esixiu, como tamén demanda o Concello de Ribadeo e o propio sector turístico, “a posta en marcha inmediata por parte da Xunta de Galiza dun Plan de Usos para este entorno protexido”, que forma parte da Rede Natura e está declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC). Ana Miranda afirmou que a Semana Santa “foi un aviso” pero que “no verán verase claramente a dimensión do problema”.
Por iso, a eurodeputada nacionalista anunciou que esta mesma semana se porá en contacto coa Directora Xeral de Medio Natural, a italiana Pia Bucella, que visitou As Catedrais en febreiro do ano pasado, para informala da situación que se está a dar neste neste espazo da Rede Natura e solicitarlle que esixa á Xunta a “aprobación urxente” dun Plan de Usos que evite o deterioro deste enclave.
Ana Miranda afirmou que As Catedrais “é un dos grandes reclamos turísticos de Galiza e debemos conservalo e protexelo a través dunha utilización racional deste entorno para que siga a ser un motor para o despegue do sector turístico na comarca da Mariña”, defendeu. Por iso, acusou á Xunta de “abandonar as súas obrigas” e “deixar só ao Concello de Ribadeo” neste asunto.
Aposta por un “turismo racional”
A cabeza de lista do BNG ao Parlamento Europeo defendeu a posta en marcha dun “turismo racional” na comarca da Mariña, que cree riqueza e postos de traballo, fronte ao “modelo Barreiros” de turismo, “totalmente insostible e agresivo para o territorio e o medio ambiente”, criticou.
Na mesma idea insistiu o alcalde ribadense, o tamén nacionalista Fernando Suárez, que afirmou que “Ribadeo e a comarca da Mariña quere seguir tendo na praia das Catedrais un reclamo turístico de primeira magnitude, mesmo a nivel internacional, pero para iso é necesario conservar ese espazo e evitar a súa degradación para non matar a galiña dos ovos de ouro”, dixo. Esta mesma idea defende o sector turístico da comarca, segundo quedou de manifesto onte no encontro celebrado polo BNG no Parador de Ribadeo.
A voz da comarca da Mariña en Europa
Fernando Suárez participou este mércores, xunto a outros membros do BNG da Mariña, nun reparto informativo no Mercado ribadense, onde informaron aos veciños e veciñas das propostas do BNG para Europa. Os nacionalistas defenden “outra Europa, social e democrática, que respecte aos pobos, coma o galego, que queren decidir o seu futuro”, fronte á Europa actual, “a dos mercados e mercaderes, a dos recortes e o gran capital”.
Os nacionalistas explicaron tamén no Mercado ribadense o traballo feito polo BNG no Parlamento Europeo dende 1999, primeiro con Camilo Nogueira como eurodeputado e nesta lexislatura con Ana Miranda. O Bloque afirma que “Galiza estivo voz en Europa grazas ao BNG”, que defendeu na Eurocámara “sectores estratéxicos para a comarca da Mariña”, como o lácteo ou o pesqueiro. Fernando Suárez asegurou que Ana Miranda volverá a ser nesta lexislatura “a voz de Ribadeo e da comarca da Mariña en Europa”.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



