Un ano máis, Saíñas organiza o FESTIVAL INFANTIL, este ano na súa VIª Edición. O Festival vai ter lugar no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove o Sábado 12 de Abril a partires das 19:30 horas. No Festival van participar o grupo invitado “Arco da Vella” de San Miguel de Reinante e os grupos da Asociación Cultural Saiñas “Cacharelas”, os máis pequenos, “Ñáñaras” (na súa despedida deste festival que van feitos uns mozos) e grupos de cantareir@s e gaiteiros. A entrada é totalmente libre e gratuíta.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



