O VI Congreso da CIG-Saúde reelixiu este domingo a María Xosé Abuín como Secretaria Nacional, con 70 votos a favor, 24 en branco e dous nulos, sendo a única candidatura presentada. No proceso tamén se elixiu á nova Executiva Federal e as/aos membros que formarán parte do Consello Confederal. O VI Congreso rematou coas intervencións de Abuín e Xesús Seixo, que chamaron a pular polo fortalecemento da base social da nosa organización para combater de xeito efectivo ás políticas neoliberais de recortes e desmantelamento do público.
A candidatura para a nova Executiva Federal (tamén encabezada por María Xosé Abuín) obtivo 76 votos a favor, 18 en branco e dous votos nulos, quedando configurada do seguinte xeito:
-María Xosé Abuín Álvarez
– Carme Aira Díaz
-Manuel González Moreira
-Susana Méndez Rodríguez
-Xoana Zamudio Cutrín
-Víctor Vila López
-Ana Lestón Gallardo
-Mª Áurea Rodríguez Blanco
-Víctor Acuña Mella
Os membros elixidos pola Federación de Saúde para formar parte do Consello Confederal (74 a favor, 21 en branco e un nulo) son:
-Susana Méndez Rodríguez
-Xermán Rouco Llanderrozas
-Xosé Manuel Marcote Baña
Intervención da Secretaria Nacional
A reelixida Secretaria Federal, María Xosé Abuín, foi a encargada de clausurar o VI Congreso, salientando que fica patente que a CIG-Saúde é unha organización viva,”onde as discrepancias construtivas reforzan o noso posicionamento e ideario sindical, facéndonos cada día máis fortes no noso traballo sindical”.
Unha situación, matizou, que permite á Federación afrontar os retos que se presentan tanto na defensa do sistema sanitario público como dos dereitos sociais e laborais que nos pertencen. Por iso, instou a, nos próximos catro anos, “seguir a fortalecer a organización, para facela máis participativa, para fomentar o debate, para que todas e todos nos sintamos militantes do mesmo proxecto”.
A este respecto, Abuín subliñou a importancia de fortalecérmonos como organización para que as traballadoras e os traballadores vexan na CIG un sindicato que non só defende os intereses laborais, senón que, co conxunto da cidadanía, segue a loitar por unha sociedade máis xusta e máis igualitaria, “na que non teñen cabida esas políticas neoliberais que ao único que conducen é a pobreza, á exclusión e a desigualdade”.
Seixo chama a ampliar a base social da CIG
Nesta mesma liña tamén se enmarcou a intervención do Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, no acto de clausura do proceso congresual. Seixo asegurou que no actual contexto, a CIG ten que cumprir un papel fundamental na sociedade: aglutinar forzas non só para que evitar que nos sigan roubando os dereitos conquistados, senón para recuperar algúns dos dereitos que xa nos retiraron a través das contrarreformas sucesivas impostas.
Para isto, resulta fundamental agrandar “a nosa base social, o espazo de incidencia da nosa organización a nivel sindical”, tanto no referido á representación nos centros de traballo como no medre da afiliación. Haberá, xa que logo, sinalou, reforzar o traballo de cara ao próximo período concentrado de eleccións sindicais. “Temos moitas posibilidades de situarnos como primeira forza sindical en Galiza, aínda sendo conscientes de que a CIG vai ser moi agredida por parte do poder”, pois a central nacionalista mantén a súa independencia dende o punto de vista económico e político.
No tocante á afiliación, o Secretario Xeral animou a traballar por incrementar o número de afiliadas e afiliados (a CIG é a primeira central sindical neste aspecto, con arredor de 70.000 afiliados/as), para estar nas mellores condicións no enfrontamento coa patronal. “É fundamental mellorar o nosos métodos de traballo e agrandar a nosa base afiliativa. Esa será a mellor defensa contra os ataques do poder”, aseverou.
Abundando nesta cuestión, Seixo insistiu en que a conxuntura actual non se vai poder mudar a curto prazo, hai que dar a batalla para ir recuperando dereitos que nos están a roubar. Mais tamén tendo presente que todos os dereitos que hoxe temos non viñeron regalados. “A clase traballadora foinos conquistando tras moitos anos de loita, pasando por momentos realmente moi difíciles, e a través da solidariedade, da organización e da nosa loita conseguimos ir superando e mellorando os nosos dereitos e a calidade de vida. E non ter por que ser distinto nas actuais circunstancias”, animou.
Por esta razón, chamou a non asimilar o discurso do gran capital referido a que non hai alternativas ás políticas de recortes. “Hai outras saídas, pero para iso é necesario gobernar en función dos intereses da maioría social e non dos intereses dunha minoría: a oligarquía financeira, que é para quen goberna nestes momentos o Partido Popular”. Será preciso, entón, mudar tamén a correlación de forzas no ámbito das institucións políticas.
CIG-SAÚDE Lugo – A Mariña:
Modificacións estatutarias
Previamente á presentación de candidaturas e votacións, os congresistas e as congresistas debateron votaron as modificacións estatutarias propostas e as emendas presentadas ás mesmas. Os novos estatutos foron aprobados con 77 votos a favor, un en contra e 14 abstencións, sendo rexeitada a proposta de constituír como novo órgano o Secretariado Federal.
Resolucións aprobadas polo VI Congreso
O VI Congreso da CIG-Saúde tamén aprobou resolucións en solidariedade coa loita dos traballadores e traballadoras de Asfedro, contra a privatización da IT, pola defensa da nosa lingua, e polo dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo.
Mencións a compañeiras e compañeiros
Durante a clausura do Congreso fíxose mención especial á compañeira Paca da Coruña, e Elvira Iglesias, recentemente xubiladas, polo traballo realizado durante moitos anos na central sindical. Así mesmo, tamén se salientou a labor dos membros da anterior Executiva que non repiten.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



