Foz, 23 de abril de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou este mércores publicamente a importancia da continuidade da asociación de comerciantes, industriais e autónomos (Acia) local con José Carlos Paleo na presidencia. O rexedor resalta o labor que está realizando este colectivo empresarial para a promoción do concello.
“Respecto ao nomeamento novamente de Xosé Carlos Paleo como presidente da Acia de Foz, como alcalde deste concello e como persoa que colaborou con el todos estes anos quero mostrar a miña ledicia porque sabemos que está traballando arreo polo comercio e a hostalería focense. A Acia está tendo un funcionamento moi bo na promoción xa non só dos locais asociados senón de todo o concello e entón quedámonos moi tranquilos porque Xosé Carlos Paleo e parte da directiva estean dispostos a seguir comandando unha Acia que unha das máis activas da Mariña, que promoveu a formación da federación de Acias, un proxecto de futuro importante para traballar asociados en común dende o comercio da Mariña”, manifestou Javier Castiñeira, que tamén comentou que a Acia focense “impulsou a feira multisectorial que se fixo o verán pasado en Foz, que tivo moito éxito a súa primeira edición e vamos seguir coa segunda”.
O alcalde fixo públicos os seus “parabéns para todos os que aparte de emprendedores profesionais son emprendedores sociais e seguen colaborando en facer actos no noso concello, moi ben dirixidos por Xosé Carlos Paleo, pero este é un traballo en equipo de toda a directiva. E hai que seguir animando a todos os comerciantes, industriais e hostaleiros de Foz a que sigan na Acia, que é fundamental para saír adiante nestes momentos de dificultades económicas con iniciativa. Creo que veñen momentos bos e non hai persoa mellor agora mesmo para seguir encabezando o proxecto da Acia que Xosé Carlos Paleo e o resto da directiva”.
Castiñeira engadiu que “debemos seguir aí para todo o que necesite a Acia, traballando dende a Mesa Local do Comercio como levamos facendo e continuar preparando as actividades que agora nos van ocupar, que son as do verán, como a Festa Normanda, que tamén foi iniciativa desta directiva da Acia, e seguir abondando nos asuntos importantes para o comercio local de Foz. Aí estará sempre o Concello”.
O rexedor rematou dando as grazas aos membros da directiva da Acia de Foz que xa estaban e a benvida aos que se incorporarán agora.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



