A Mariña, 22 de abril de 2014. O BNG explicou este martes no mercado de Foz as alternativas nacionalistas fronte a unha Unión Europea que despreza e desmantela os recursos produtivos galegos e asfixia os dereitos sociais e laborais da cidadanía, mentres destina inxentes recursos económicos a salvar a gran banca e o capital financeiro. A fronte nacionalista anunciou que a candidata nacionalista ao Parlamento Europeo manterá un encontro con Emigrantes Retornados das tres comarcas de Lugo o próximo xoves 24 en Lugo. Neste sentido dende o BNG deixaron claro o compromiso da organización nacionalista con este colectivo saqueado pola Axencia Tributaria española con nocturnidade e aleivosía, un problema que a propia Ana Miranda levará ao Parlamento Europeo como xa o fixo coa problemática das persoas afectadas pola estafa das preferentes e subordinadas.
PP E PSOE SON CÓMPLICES DAS POLÍTICAS IMPOSTAS POLA UE E A TROIKA CONTRA AS MAIORIAS SOCIAIS
Para o BNG non podemos ficar caladas e calados mentres as políticas impostas pola Troika, co visto e prace antes do goberno estatal do PSOE e agora do PP, mesmo tamén da propia Xunta de Galiza co Sr. Feijoo á fronte, aplican sen contemplacións unha política económica letal para as maiorías sociais ás que condena ao paro e á emigración, recorta dereitos laborais e sociais ou aniquila servizos básicos como ensino e sanidade pública co argumento da austeridade que non lle aplican á gran banca e ás grandes corporacións económicas, ás que salvan con diñeiro público e entregan o negocio da privatización do ensino ou a sanidade pública.
ENCONTRO CON COLECTIVOS DE EMIGRANTES RETORNADOS ESTE XOVES EN LUGO
Dende o BNG puxeron o exemplo dos emigrantes retornados aos que dende a administración de facenda do estado se lles aplican sancións e intereses de demora por non ter feito declaracións de ingresos procedentes do estranxeiro que a propia facenda lles recomendou non facer.
A organización nacionalista quixo deixar claro que, nin PSOE nin PP están libres de responsabilidade no saqueo ao colectivo de emigrantes, xa que os primeiros modificaron a lexislación tributaria e os segundos aplicárona sen aviso previo co que moitas persoas se sentiron estafadas e enganadas.
A candidata do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, Manterá un encontro o próximo xoves, 24 de abril ás 18:30 no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo, con colectivos de emigrantes retornados de toda a provincia no que comprometerá, unha vez mais o apoio do BNG a este colectivo cuxos problemas serán cuestión de debate no Parlamento Europeo. O BNG non contempla outra solución para este colectivo que o cese da persecución exercida pola Axencia Tributaria, o remate das sancións e intereses de demora e a devolución do recadado indebidamente tal como xa se está producindo na vía xudicial.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



