O primeiro Boletín de noticias “Novas do CEIP San Cosme” xa viu a luz da man da ANPA do colexio. Trátase dunha publicación divulgativa coa que pretendemos contar as actividades que desenvolve o centro e as que impulsa a Asociación de Pais e Nais. O Colexio de Infantil e Primaria de San Cosme de Barreiros leva vinte anos aberto ofrecendo unha ensinanza de calidade que dende a ANPA “queremos transmitir a través desta publicación periódica que se distribúe gratuitamente polo concello de Barreiros”. O Boletín (escrito en galego e castelán) nace coa intención de abrir as portas do centro á sociedade e “demostrar que o colexio está máis vivo que nunca”. Está editado pola Asociación de Pais, en estreita colaboración cos docentes e alumnos.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



