Lourenzá, 14 de abril de 2014. O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá un taller de prevención de riscos laborais en explotacións agrícolas de horta. É gratuíto, ten 25 prazas e o prazo para inscribirse remata este mércores, día 16.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “o día 22 de abril, martes, o salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acolle de 10 a 14 horas un taller de prevención de riscos laborais en explotacións agrícolas de horta. Vai destinado a persoas traballadoras maiores de idade que estean ocupadas ou desempregadas na actividade á que se dirixe o taller e que cumpran polo menos unha das dúas seguintes condicións: ter enderezo particular no concello onde se imparte o taller, neste caso Lourenzá, ou incluído nalgún dos plans de zona, co cal calquera persoa da Mariña que estea dentro do plan de zona da Mariña Central tamén podería vir a este curso, aínda que se vai facer tamén noutros concellos da Mariña; e a segunda condición é que traballe na actualidade outra traballara nun concello do plan de zona especificado para A Mariña de Lugo”.
A rexedora municipal engadiu que “este taller ten un total de 25 prazas e hai que presentar solicitude previa antes do 16 de abril, mércores; é dicir, quedan moi pouquiños días, polo tanto anímamos a aqueles persoas que queiran facer este taller, que é moi interesante, sobre todo para aquelas persoas que teñan explotacións de horta para saber os riscos aos que poden estar expostos. Animámolos a que se anoten aquí, no Concello de Lourenzá, na oficina do técnico de emprego, ou ben directamente por correo electrónico na dirección desenvolvementorural.issga@xunta.es. Este taller está promovido polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), da Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia”.
A xornada será totalmente gratuíta para os asistentes e incluirá a visita a unha explotación, con contidos eminentemente prácticos. Os participantes recibirán un certificado oficial de asistencia emitida polo ISSGA.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



