Ribadeo, 14 de abril de 2014.- A voceira de Medio Rural do Grupo Parlamentario Popular, Isabel García Pacín, acompañada polos deputados mariñáns Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, ofreceu este luns unha rolda de prensa en Ribadeo na que fixo unha diagnose da situación do sector leiteiro na Mariña lucense nesta última campaña e coa mirada posta no novo escenario que se abre coa desaparición das cotas lácteas en 2015.
García Pacín explicou que no escenario actual as cifras de produción son beneficiosas para o sector lácteo e, de feito, así o demostran os resultados acadados co alza do prezo do leite en orixe para os gandeiros mariñáns no último ano.
A voceira dixo que si tomamos como referencia o prezo en xullo do 2012, de 28,42 céntimos de euro por quilo e a media de decembro do 2013 de 39,20 céntimos, o incremento substancial acadado de 10,78 céntimos supón que as 369 explotacións da comarca aumentaron os seus beneficios en 9,6 millóns de euros, pasando de 25,5 millóns de euros en 2012 a 35,17 millóns de euros en 2013.
RADIOGRAFÍA DO SECTOR LÁCTEO MARIÑÁN
Afondando nos datos que ofrecen unha radiografía do sector leiteiro mariñán, García Pacín explicou que, na comparativa de cota de produción asignada, A Mariña supón con 89,7 millóns de quilogramos o 8,22% da provincia de Lugo e o 3,8% de Galicia. “Ribadeo é o concello cun maior número de explotacións, 97, que se reparten 29,1 millóns de quilos”, concretou
Os populares indicaron que, aínda que na Mariña lucense as cifras tanto en número de explotacións como no censo de bovinos é menor porcentualmente que a nivel provincial e autonómico, o tamaño das explotacións supera a media galega e provincial, cunha media de 28,4 vacas por explotación e unha produción media asignada de 243.176 quilogramos por explotación.
PREVISIÓNS TRAS A DESAPARICIÓN DAS COTAS LÁCTEA
En perspectiva cara o futuro, os populares defenderon que, ante a desaparición das cotas lácteas, a produción está obrigada a reforzarse na negociación de prezos, coas ferramentas normativas á súa disposición.
Neste senso, salientou os apoios que suporán para os profesionais gandeiros novas normas impulsadas polo Partido Popular, como a Lei
12/2013, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria; e o paquete lácteo, establecido mediante Real Decreto 1363/2012, que regula os contratos, as organizacións de produtores e as interprofesionais
“Espérase a estabilidade nos prezos de orixe durante os próximos dous anos, pero fronte á liberalización dos mercados no 2015, aínda que aparece a oportunidade de expansión da produción, será necesario reforzar ao sector produtivo na negociación, ben a través de unións de base cooperativa como sindical. Deben facerse fortes para negociar mellores prezos para o seu produto”, aconsellou Pacín.
Nunha referencia final á nova PAC, os populares salientaron que o sector lácteo sairá reforzado dentro das producións axustada no novo período de aplicación desta política comunitarias, pasando as axudas actuais dos 57 millóns de euros aos 94 millóns de euros, isto é, un incremento do 63%. Deles Galicia percibe anualmente un 50%, aclarou García Pacín.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



