Lugo, 1 de abril de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular tacha de alarmante a baixa execución do orzamento da Deputación de Lugo para o ano 2013, que é de 59,14%. Así o denunciaron os populares despois de que hoxe se dese conta en pleno do estado de liquidación das contas da Deputación a data 31 de decembro de 2013.
Ao peche do exercicio económico a Deputación de Lugo non foi quen de executar o 40% do previsto, o que implica que na realidade, os investimentos contemplados nos seus orzamentos son pouco máis que papel mollado.
Este baixo nivel de execución orzamentaria proba a ineficacia coa que actúa o equipo de goberno da Deputación de Lugo, feito que lle debería explicar a todos os lucenses.
A maiores de non rendabilizar o orzamento do que dispón, o presidente provincial é contrario ao traballo conxunto e ao apoio a propostas do GPP que redundarían no beneficio de concellos e veciños.
Negativa á proposta das taxas
Neste senso, os populares non entenden que Besteiro se negase á proposta de constitución dunha mesa de traballo para revisar as ordenanzas fiscais que regulan as autorizacións de obra e outros aproveitamentos situados en zonas contiguas ás carreteras provinciais e as tasas por utilización privativa e o aproveitamento especial dos bens de dominio público provincial.
Dende o GPP consideran que co voto en contra a esta iniciativa os populares están a eludir a revisión dunhas taxas que redundarían no beneficio dos concellos e dos sectores máis importantes da provincia.
Os populares entenden que se debería estudar con detemento estas taxas co obxecto de que se aclararan conceptos como o feito impoñible das taxas; se simplificaran ou se modificaran situacións como que coste máis a tasa por permiso que por utilización do terreo público; ou o estudo de exencións a administracións públicas e diferenciación dos servizos públicos cos servizos en beneficio (gas, electricidade, telefonía…).
O obxectivo é que estes taxas fosen o menos gravosas posibles para os municipios, polo que o voto en contra a moción, implica que “eles serán os responsables dos seus propios erros”
Campaña Besteiro
O GPP denuncia a campaña iniciada por Besteiro durante as sesións plenarias ao dar conta só de asuntos que rendibiliza políticamente mentres elude outros propostos polo PP e evita posicionarse sobre as mocións a debate.
Os populares lembran que presentaron un rogo para que se dera conta en pleno das setenzas que dan a razón aos aspirantes que viron irregular a selección de persoal do Plan Lugo Emprega, ao igual que fixeran con outros procedementos xudiciais.
Porén, Besteiro desatendeu a petición rexistrada polos populares; mentras “sesión tras sesión está a incluír no pleno que se dea conta de asuntos que lle resultan de interese”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



