Dende o PSdeG-PSOE de Burela despois de ver o interés do Sr. Barcia en vender fume e enganar ós nosos veciños e veciñas sobre a construción dunha nova gardería en Burela, vémonos na obriga de informar ós nosos cidadáns de como se atopa agora mesmo esa “hipotética” escola infantil que o Sr. Barcia di que se vai a facer.
O Sr. Barcia manifesta que xa ten o solar onde se podería construír esa “hipotética” escola infantil, minte. Ese solar ten uns donos ós que haberá que pagarlles esa propiedade, si é que eles queren. A día de hoxe non hai tal solar dispoñible. O Sr. Barcia pretendía vender solares municipais da urbanización de Torrentes, que ó noso entender, a día de hoxe non se poden vender. E por outra parte, tal e como está o mercado inmobiliario ó máximo que poderá chegar o Sr. Barcia será a regalar terreos municipais, xa que temos serias dúbidas que ninguén hoxe en día, e tal como está a cousa invista un euro en terreos que a día de hoxe teñen moi pouco valor.
Temos que explicar que a construción desa nova escola infantil ven derivada dun convenio que o Sr. Barcia firmou con Consellería de Traballo e Benestar, có que nós para nada estamos de acordo, que vai a hipotecar o futuro de Burela para moitos anos. Dicimos isto comprobando os compromisos que se adquiriu con ese convenio, que entendemos que son totalmente inasumibles por parte do Concello de Burela. O convenio fixa claramente que o Concello debería ter presupostados o 40% do custe da obra que terá que asumir o propio Concello, no presuposto de este ano o presupostado é de 1.000 euros e o custe da obra é de preto de 600.000 euros, se pode que alguén explique isto.
Con respecto á execución da obra, temos que informar que esta obra ven derivada do Plan Educa3, do Ministerio de Educación, que marca claramente como fecha final de execución do Plan Educa3 o 31 de decembro de 2014, có cal entendemos que non vai a ser moi posible de facer realidade esta obra. O Sr. Barcia non vai a poder inaugurar esta escola infantil por moito que se apure, si é que se chega a facer.
A nosa postura con respecto a este asunto é que hai locais de sobra en Burela onde poder instalar a escola infantil sen que supoña un esforzo económico para os veciños e veciñas de Burela que vai hipotecar por moito tempo a economía do Concello o que suporá, ou ben unha subida de impostos ou un recorte de servizos para os cidadáns de Burela.