O salón de plenos do Concello de Burela acolleu este martes unha xuntanza con representantes das asociacións do municipio para darlles a coñecer a posibilidade de participar como grupos en programas de turismo termal e cultural. Segundo explicou a edil Diana Durán “houbo moi boa aceptación e moi boa participación”. No acto estiveron o alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, e representantes do Grupo Oca Augas Santas, que é o que oferta a actividade que pode ter unha duración dun ou de varios días.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



