Santiago de Compostela, 30 de abril, 2014. O deputado do BNG, Daniel Rodas reclamou hoxe na Comisión de pesca restituír o Plan da sardiña do ano 2000 ao fin de poñer en marcha “un paro biolóxico da sardiña” subvencionado polo Goberno galego.
O parlamentario, a través dunha Proposición non de lei que foi rexeitada polo Partido popular, asegurou que o borrador remitido polo Goberno español para a pesca representa “unha caída do 60%” a respecto das capturas do ano 2013 ao que sumou as recentes declaracións da titular de Mar, Rosa Quintana negando a existencia de problemas coa sardiña ibero-atlántica.
O Partido popular recoñeceu ante o deputado do BNG, os graves problemas negados pola conselleira e o deputado nacionalista reiterou que non é a primeira vez que Quintana incorre neste tipo de afirmacións.
Rodas insistiu na necesidade de dar solución a un problema que afecta as pesquerías do cerco e do xeito, “a conselleira, dixo, non pode ignorar as demandas do sector”, polo que reclamou restituír o plan da sardiña do ano 2000 co fin de paralizar a actividade e subvencionar o paro das tripulacións e propietarios das embarcacións.
Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro admitiu a “dramática situación” do sector pero afirmou que a proposta do BNG “chega tarde” e o PP defenderá a proposta remitida por Madrid que suporá un reparto das capturas baixo criterios de capturas históricas ao que o nacionalista respondeu que a flota galega leva máis de tres décadas regulada e cun día menos de actividade.
“ O mesmo PP que contemplaba no ano 2000 medidas para a recuperación da sardiña, agora supeditase aos ditados de Madrid”, afirmou o deputado.
Rodas concluíu a súa intervención lamentando a “falta de criterio do Partido popular porque condena á flota galega a súa desaparición”.



















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



