Lourenzá, 22 de abril de 2014. A Madalena para o Desfile do Maio que se celebrará o vindeiro día 1 polas rúas de Vilanova de Lourenzá elixirase nesta ocasión por sorteo entre as nenas e rapazas do concello con idades comprendidas entre 10 e 17 que se presenten. O prazo remata este venres, 25 de abril.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, anunciou este martes que “imos presentar esta semana as novidades que terá o desfile que o tradicional Maio fai polas rúas da vila o día 1 de maio. A primeira delas consiste na elección da figura da Madalena, que é a dama que representa á primavera e que desfila subida a un carro engalanado de flores. Nesta ocasión imos facer un sorteo público, que será o vindeiro luns, 28 de abril, ás seis e media da tarde na biblioteca municipal, entre todas aquelas nenas e rapazas laurentinas de entre 10 e 17 anos que ao longo desta semana na que nos encontramos acudan a anotarse á biblioteca municipal en horario de 5 a 8 da tarde. Deben ir cun adulto, o pai ou a nai, para que asine a correspondente autorización que lle permita participar no sorteo e optar a converterse na Madalena nesta edición do desfile do Maio”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



