A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña presentou a acción formativa “obradoiro de cultivo de arbustos e plantas silvestres” este xoves 15 de maio ás 10.00 horas.
Para esta iniciativa solicitouse unha subvención á Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar) e o Fondo Social Europeo, a través do Plan Galego de Inclusión Social.
A presentación foi realizada pola Directora Técnica Xeral da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, Dona. Mª José Nóvoa, quen destacou como obxetivo xeral a mellora da empregabilidade das persoas con enfermidade mental crónica, en grave risco de exclusión social.
Ó mesmo tempo, tamén explicou os obxetivos específicos a conquerir con esta acción formativa como son: adquisición de habilidades sociais, mellora de hábitos prelaborais como a puntualidade, compromiso, orden e limpeza…. Sen esquecernos da parte máis importante: a adquisición de formación básica e de tipo laboral específica, adaptada ás súas necesidades, a adquisición de conceptos sobre arbustos, plantas silvestres,… o traballo en equipo e a mellora das relacións sociais.
Esta acción formativa contribúe significativamente a inclusión social das persoas con enfermidade mental, dotándoas de novos coñecementos que facilitan a súa integración social e o avance na súa integración laboral, desterrando prexuízos fortemente arraigados na sociedade que nos rodea.
Nesta primeira xornada, ademáis de explicar o contido e obxetivos da acción formativa, os monitores encargados de desenvolver a mesma comezaron por avaliar os coñecementos previos dos participantes e as súas necesidades e expectativas, en relación á formación que van a recibir nos próximos meses.