Barreiros, 9 de maio de 2014. A aula CeMIT de Barreiros organiza no mes de maio un novo curso de internet e un seminario técnico.
No curso de internet os asistentes aprenderán a manexar o correo electrónico e facebook. Está dirixido a persoas cun manexo básico de internet. O curso terá lugar do 19 ata o 29 de maio en horario de 16:30 a 18:00 para o primeiro grupo e de 18:00 a 19:30 horas para o segundo grupo.
O seminario técnico, titulado Integración de redes de datos sen fíos e cableadas con tecnoloxía CISCO está dirixido a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións. Está Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar e poderá ser seguido por video conferencia dende a aula CeMIT de Barreiros o 22 de maio, de 9:30 a 13:30 horas.
Para poder participar nestas actividades os interesados deben inscribirse na propia aula CeMIT ou ben chamando por teléfono ao 639 87 66 71.