Burela, 30 de maio de 2014. O acto de imposición da medalla de ouro do Concello de Burela ao Burela Fútbol Sala Feminino terá lugar o vindeiro venres, 6 de xuño, a partires das 21 horas no auditorio da Casa da Cultura.
O evento foi presentado esta tarde no Concello. En palabras do alcalde, José Mª González Barcia, será “un acto sobrio, sinxelo e solemne, no que haberá un condutor do mesmo, contaremos cunha actuación do grupo de cordas da Escola Municipal de Música de Burela e procederase á proxección dun vídeo sobre os logros do Burela FS Feminino. Tamén se dará lectura a acordo plenario de 30 de maio de 2013 e imporase a medalla de ouro do Concello burelés ao clube na persoa do seu presidente, que intervirá a continuación ao igual que eu mesmo”.
O rexedor explicou que “a demora na imposición da medalla debeuse a cuestións de tipo técnico e de carácter administrativo. Ademais buscamos unha data que lle permitise ao equipo estar presente, unha data que encaixe para que os/as afeccionados/as acudan masivamente a este acto e unha data que teña repercusión deportiva. E esa fin de semana, a do 6 de xuño dispútase en Burela a Copa de España de fútbol sala feminino, que organiza a Federación Nacional de Fútbol Sala e coa que colaboran tanto o Burela FS coma o noso Concello”.
González Barcia enumerou os motivos polos que se lle concede ao Burela FSF a medalla de ouro: “os motivos son de sobra coñecidos para todos. O Burela FSF acadou na tempada 2012/13 o título de campión de liga da división de honra do fútbol sala feminino e tamén a Copa de España, sendo xunto co Liceo de hockey da Coruña, o único equipo galego que consegue o doblete na mesma tempada. O Burela FS contribúe de forma determinante á promoción do deporte de base e tamén promociona o nome de Burela pola xeografía española adiante Todos estes son motivos máis que suficientes para que o Concello lle conceda e lle entregue a súa medalla de ouro”. O alcalde burelés agarda que “as rapazas do Burela FSF a Copa de España, que van xogar a vindeira fin de semana”. E convida “a toda a afección a asistir ao acto que terá lugar o 6 de xuño na Casa da Cultura. Terá unha duración duns 35 minutos e será sobrio, sinxelo e solemne, como se merece a concesión da medalla de ouro do Concello ao Burela FSF”.
O Burela FSF será o terceiro en recibir esta distinción, que tamén lles foi outorgada no seu día a Xosé Cuiña Crespo, coma conselleiro de Política Territorial da Xunta, e a Francisco Cacharro Pardo, coma presidente da Deputación de Lugo.
Na presentación deste acto estiveron o directivos do Burela FS e tamén representantes da firma patrocinadora.
Memorial Rodrigo Maseda
José Mª González Barcia asistiu este mediodía á presentación do III Torneo de Fútbol Sala Base Memorial Rodrigo Maseda, que organiza a Fundación Indecum e co que colabora o Concello burelés.
O rexedor manifestou que “é enormemente positivo que familia do fútbol sala lembre un ano máis a Rodrigo Maseda, o policía nacional falecido na traxedia do Orzán na Coruña. Rodrigo foi un grande seguidor do Burela FS e tamén deportista”. Para o alcalde de Burela “é bo inculcar os valores do deporte co que representa a figura de Rodrigo Maseda, que deu a súa vida polo demais. Espírito de sacrificio, de compañeirismo, de traballo en equipo eran os valores deste rapaz, que están tamén directamente vinculados co mundo do deporte. Rodrigo Maseda estará satisfeito de ver que as persoas coas que el viviu tantos momentos de satisfacción se lembren da súa persoa a través dunha competición deportiva: a festa do fútbol sala base”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



