CADERNOS DA VIAXE. PP e PSOE tiveron o peor resultado dos últimos 25 anos en Galicia e no Estado. O PP baixa ao 35% na Galicia, perdendo quince pontos a respecto do 50% obtido no 2009 e o PSOE ao 21% fronte ao 35% que tiña hai cinco anos. No Estado o PP perde 8 escanos (de 24 baixa a 16), cun 26% e o PSOE 9 (de 23 a 14). Izquierda Unida e aliados (AGE na Galicia) foi terceira forza política, mentres que Podemos, con 5 escanos constituiu a sorpresa da xornada, acadando a coarta posición na Galicia e no Estado. O BNG baixa do 9 ao 8%, mais a súa coalición con EH-Bildu retén un escano, mentres a Coalición por Europa, partillada por CompromisoxGalicia con CiU, PNV e CC, obtivo 3. Porén, o subsistema electoral galego perde identidade, asemellándose ao esquema estatal non só nos grandes partidos, senón ás súas alternativas na esquerda e na dereita. Sen dúbida que o galeguismo ten moito a reflexionar cara as municipais do 2015, onde se xoga unha posición real de alternativa ao bipartidismo que está a se esfarelar.
Nos resultados estatais compre salientar a elevada participación catalá, onde ERC acadou o “sorpasso” a respecto de CiU e onde as eleccións interpretáronse en clave de apoio ao chamado dereito a decidir. Catalunya constituiu a cara a respecto da cruz galega canto ao apoio a forzas nacionais, demostrando que o seu sistema político está totalmente independizado do español, co PP e o PSC a níveis moi minoritarios. Canto a Euskadi gañou o PNV, malia que EH Bildu gañase en Gipuscoa e Álava.
Na Europa salienta o trunfo dos socialistas en Portugal, dos nacionalistas do Scottish National party (SNP) na Escocia (ás portas do referendun de setembro), o da Front Nationale de Marie le Pen na Francia, a da esquerda radical de Syriza na Grecia, a das forzas da grande coalición de goberno alemá e a do eurófobo UKIP (Partido da Independencia) en Inglaterra. Baixa o PP europeo, soben os non adscritos e euroescépticos da dereita radical, manténdose demócratas e liberais, verdes e socialistas. Juncker será Presidente da Comisión Europea, mais socialdemócratas, liberais e demócratas e verdes e nacionalistas da terán unha importante presenza no Parlamento Europeo. E influirán decisivamente na gobernanza, á vista da corrección á baixa do PP europeo.
Xoán Antón Pérez-Lema




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



