A Deputación abre este venres 30 de maio ás 12.00 horas o prazo de inscrición no II Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO14. É o encontro sobre Internet máis importante de Galicia, que reúne preto de 30 reputados expertos no mundo do xornalismo, tecnoloxía, goberno aberto, marketing online ou seguridade na rede para avaliar os cambios de hábitos, mentalidades, formas de comunicación e estilos de vida que provoca Internet. Todos os interesados en participar neste foro gratuíto e para tódolos públicos, que terá lugar no Pazo de San Marcos os días 6 e 7 de xuño, poden conseguir a súa entrada en www.inlugo.com ou www.deputacionlugo.org. O aforo é limitado a 200 persoas, polo que as entradas se formalizarán por rigorosa orde de inscrición.
O congreso contará con destacados expertos e figuras relevantes da rede como, por exemplo:
– Ramón Lobo, xornalista de raza, escritor de éxito, blogueiro e corresponsal de guerra nos conflitos bélicos que marcaron o pasado máis recente, como Bosnia, Kosovo, Chechenia, Irak, Afganistán, Serra Leona, Liberia ou Ruanda, que falará sobre o intenso momento que vive o xornalismo dixital.
– Carlos Fernández, un dos community manager do momento, responsable do éxito de @policia, o corpo de seguridade con máis seguidores en Twitter a nivel mundial, tras desbancar ó FBI.
– Pepo Jiménez, máis coñecido como @kurioso, responsable da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos.
– Delia Rodríguez, redactora do Huffington Post, experta en internet e autora de “Memecracia”, onde relata o fenómeno dos memes e a súa influencia na sociedade.
– Efrén Vázquez, este lucense que participou no concurso Master Chef falará sobre a moda gastronómica e a influencia das redes sociais no sector.
– Clara Ávila, blogueira de referencia, galardoada co premio Bitácoras ó mellor blog tecnolóxico por “La Chica del Facebook”.
– Carlos Guadián, editor dende 2003 de K-Government, un dos blogs referenciais do Goberno Aberto.
– Cristina Juesas, asesora do proxecto do Goberno Aberto do Executivo Vasco, pioneiro en España.
– Paloma Abad, coordinadora do suplemento de moda, gastronomía ou tecnoloxía do País Semanal.
– Laura Pintos, redactora xefe de mujerhoy.com.
Xunto a eles, haberá representantes da blogosfera lucenses, como Elio Laureano, Hugo Iglesias, Rubén Pérez, Santiago Martínez…., ata completar un cartel de case 30 poñentes, que contan con miles de seguidores nas redes sociais.
Máis información, como o programa oficial, as presentacións dos protagonistas e todas as novidades que se vaian dando a coñecer, estarán dispoñibles nas webs www.inlugo.com e www.deputacionlugo.org, así como en Twitter @in_lugo e en Facebook.
Fondos europeos
O organismo provincial reedita esta iniciativa tras o éxito do ano pasado, cando chegou a convertirse Trendig Topic en Twiterr e foi seguido en directo por máis de 2.000 persoas a través das redes socias. O congreso está cofinanciado nun 80% por fondos europeos do Innova-TE e enmárcase na aposta da Deputación por achegar as novas tecnoloxías ós cidadáns. Os seus obxectivos son fomentar o uso da rede e das novas tecnoloxías entre tódolos sectores da poboación e reflexionar sobre as implicacións que ten na vida diaria.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



