Antepenúltimo asalto pola Liga de Primeira División na que o Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid loitan pola coroa. Aínda que o Atlético, líder, ten unha vantaxe de 5 puntos respecto de as mariñáns, cada xornada conta e o deporte sempre pode deparar sorpresas.
O Burela Pescados Rubén defenderá ata o final o seu cetro e afronta cada partido co seu característico espírito competitivo para presionar ás colchoneiras que se miden a un perigoso Ponte Ourense nesta xornada. Pola súa banda, o Burela Pescados Rubén enfróntase en Vista Alegre ao Gironella, oitavo clasificado, el sábado 17 a partir das 16.15 horas.
O técnico burelés, Quico Otero, incide na idea de manter a competitividad e a tensión do equipo “aínda que esteamos en desventaja respecto ao líder e sabemos que é difícil que pinche todo o que nós necesitamos imos disputar cada punto que hai xogo”.
Respecto ao Gironella destacou “o seu balance positivo como equipo visitante. É un equipo correoso que conta con xogadoras desequilibrantes e que chegan a este partido sen presión de ningún tipo”. Para este encontro segue sendo baixa Jozi, debido a unha rotura fibrilar.
Homenaxe campións
No descanso do choque homenaxearase a tres equipos das categorías de base do Burela Pescados Rubén: ao xuvenil e o infantil A como campións de Lugo, e ao alevín que conseguiu o subcampeonato provincial.
Terceira División
O equipo filial do Burela Pescados Rubén inicia a Copa de Terceira División ante o Sala 5 Coruña FS. O partido ante os herculinos dispútase nunha eliminatoria directa que ten como escenario do primeiro capítulo a Vista Alegre. O duelo comeza o sábado 17, a partir das 18.30 horas.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
