Foz, 8 de MAIO de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga presentou este xoves, xunto con representantes do Club Ciclista de Foz, o XXV Trofeo Deputación Pardo de Cela, una ruta ciclista que terá lugar este domingo, 11 de maio.
A ruta consta de 110 kilómetros de percorrido, recorrendo os concellos de Foz, Valadouro, Alfoz, Lourenza, Mondoñedo, Barreiros e Trabada, e na que se estima participen sobre 150 ciclistas, que se achegarán sobre todo das rexións de Galicia, Asturias e León.
Haberá trofeos para o club máis numeroso, o club máis lonxano, ao ciclista máis novo, ao ciclista máis veterano, así como camisetas para cada participante; premios donados pola área de Deporte da Deputación de Lugo.
“Dende a área de Deporte da Deputación de Lugo apostamos polo ciclismo, un deporte de grande tradición a nivel provincial e nacional e estamos convencidos de que a ruta ciclista Pardo de Cela será todo un éxito xa que estamos ante unha proba totalmente consolidada na comarca que de seguro moverá a moitos afeccionados do ciclismo ata Foz esta fin de semana” – explicou Veiga.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
