Este domingo día 4 de maio 52 camiñantes do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazaranse a Camariñas, para facer unha espectacular Ruta de Sendeirismo correspondente á 5ª etapa dende “Arou a Camariñas” da Ruta denominada “O Camiño dos Faros” que percorre toda a Costa da Morte por un total de 200 quilómetros. A ruta que van a facer os camiñantes de Xove é a etapa “reiña” deste Camiño dos Faros, a máis espectacular de todas, pasando por Monte Branco, Praia do Trece, Cementerio dos Ingleses, Faro do Cabo Vilán, Ermida da Virxe do Monte e acabando no Castelo do Soberano en Camariñas. En total cerca de 20 quilómetros de espectacular e fermosa ruta.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



