Ex-deputados do Parlamento de Galicia visitaron o IES Perdouro de Burela co propósito de achegar ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o funcionamento da principal institución política de Galicia. A charla-coloquio que organiza o Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as tivo lugar no IES PERDOURO de Burela o xoves 29 de maio nun acto no que participaron representantes das tres forzas políticas maioritarias en Galicia, os ex-deputados Sergio López García (PPdeG), Emilio López Pérez (BNG) e Ismael Rego González (PSdeG-PSOE). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos do IES Perdouro un coloquio moderado por Bríxida Pino, profesora de Historia, co fin de dar a coñecer as funcións da cámara autonómica, a súa composición e órganos.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



