Os alumnos de percusión do Conservatorio Superior de Música de Aragón (CSMA), a ribadense Irene Rodríguez acompañada de Noé Rodrigo, Sergio Astasio, Miguel Ángel López e Francisco Sánchez presentan un concerto orientado a todo tipo de público, na liña desenvolvida tanto na didáctica en colexios como en actuacións abertas coma os concertos no Instituto Aragonés de Cultura Contemporánea IAACC de Zaragoza, na antigua estación de ferrocarril de Canfranc, en FIP Pirineos 2013, FIP Zaragoza 2012, no Festival Tamborixar de Hijar-Teruel e, o último, na sala principal do Auditorio de Zaragoza o pasado abril.
O grupo está formado por dous solistas e o trío xa consolidado “Fudo Percussion Trio” e, nesta ocasión, contarán coa colaboración de catro sopranos da Coral Polifónica de Ribadeo, para unha das obras que interpretan.
Nesta ocasión ofrecen unha viaxe a través da evolución que sufriu a percusión nas últimas décadas, con obras de diferentes estilos que abarcan dende o minimalismo, a obras de marimba solista e ensemble, pasando polos parches e as láminas, e amosando o complexo e fascinante mundo deste xénero.
O concerto do ciclo de ‘Músicas Posíbeis’ terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo o sábado 31 de maio ás 20.00 horas cun prezo da entrada de 2 euros.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



