Foz, 30 de maio de 2014. A Casa da Cultura de Foz acollerá este domingo, día 1 de xuño ás doce do mediodía, o espectáculo Os Bolechas e o Sabichón, con entrada gratuíta.
A concelleira de Educación en Foz, Mercedes González Alonso, anunciou este venres que “a coñecida familia Bolechas, deseñada por Pepe Carreiro, chega este domingo ás 12 horas a Foz, concello da Rede de Dinamización Lingüística, para facer as delicias dos cativos e cativas de 4 a 8 anos. Será no salón de actos da Casa da Cultura con entrada gratuíta ata completar aforo”.
Mercedes González explicou que “Os Bolechas e o Sabichón é un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista onde se simulará un concurso. Este enfrontará a Braulio e a Loli, que solicitarán a participación e a complicidade do público para vencer. Mediante esta estratexia poténciase a identificación dos nenos e nenas asistentes cos seus protagonistas, que son un referente positivo estreitamente asociado ao galego, pois Os Bolechas falan sempre a nosa lingua: nos libros, nos programas de televisión e nos espectáculos coma este”.
Esta actividade, que organiza a biblioteca pública municipal e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Foz, está enmarcada no programa FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



