Gran afluencia de público durante a celebración das xornadas contra a violencia de xénero que Mujeres en Igualdad Burela organizou este mércores na localidade.
O alcalde, José María González Barcia, foi o responsable da súa presentación na que manifestou o agradecemento aos asistentes e o seu recoñecemento ao traballo que a asociación Mujeres en Igualdad realiza na prevención da violencia de xénero.
A presidenta do colectivo, Mary Fraga, tamén moderadora da mesa, manifestou a intención de celebrar outros dous seminarios contra a violencia de xénero ó longo do ano para manter informada á poboación sobre as novas campaañs de prevención e actuación contra a violencia de xénero, así como da nova normativa que vaya xurdindo.
Mary Fraga fixo un especial chamamento sobre a necesidade de coordinación por parte tanto das asociacións como das persoas que traballamos contra a violencia de xénero para que, unindo esforzos, se poida conseguir que esta lacra social finalice xa.
Destacou tamén a importancia de denunciar ante o menor indicio de que unha veciña, amiga ou compañeira este sendo vítima de violencia de xénero facendo especial fincapé en que no que vai de ano son 23 as mulleres asasinadas en España vítimas de violencia de xénero e que só 6 denunciaran previamente ó seu agresor, quizás na maioría dos casos por falta de información. Tamén insistiu na necesidade de traballar en colaboración co CIM onde profesionais cualificadas prestaran axuda e información a todas as mulleres que o precisen.
A terceira en intervir foi Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, que se encargou de informar ós asistentes, das axudas existentes dende as distintas adminitracións para axudar ás vítimas de violencia de xénero. Facendo especial fincapé na información, educación e prevención dende a idade escolar.
Posteriormente Ana Pacio, xefa de prevención de violencia de xénero da subdelegación de goberno en Lugo, foi a encargada de explicar en que consiste a violencia de xénero, tipos de violencia, datos estatais en canto a cifras escalofriantes de mortes por violencia de xénero, percepción social da violencia, resumen dos servizos de protección dispoñibles, desde o teléfono de información á muller 016 ó Atempro os brazaletes de seguimento das medidas de alexamento. Ana Pacio resaltou a importancia da prevención e afirmou que a única forma é educar no respecto ás persoas e os seus dereitos.
Para finalizar adianto, o seu compromiso de volver a Burela no próximo seminario que organizará Mujeres en Igualdad ó largo do ano, para aportar os seus coñecementos e actualizacións sobre as axudas á prevención da violencia de xénero.
Ó acto asistiu numeroso público entre os que se encontraban, representantes de diversas asociacións, Garda Civil especializada na violencia de xénero, autoridades de diversos Concellos, concelleiros, representantes de varias cofradías de pescadores, así como numeroso público en xeral.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



