Santiago, 10 de maio de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, celebrou onte en Lugo a primeira dunha rolda de xornadas formativas dirixidas aos técnicos, axentes ambientais e vixiantes dos recursos naturais que dependen desta Dirección Xeral. O obxectivo é explicar o contido do Plan Director de Rede Natura 2000 de Galicia, polo que se declaran zonas de especial conservación (ZEC) os 59 Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) existentes na Comunidade Autónoma, informando sobre o correspondente plan de xestión destes espazos, no que se precisan os usos e actividades permitidas, autorizables e prohibidas, aprobado por Decreto do Consello da Xunta dando cumprimento á Directiva Hábitats.
A primeira xornada, celebrada en Lugo, estivo presidida pola directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, que incidiu nas liñas de traballo a desenvolver unha vez aprobado o Plan Director. Nas seguintes semana, desenvolverase este mesmo encontro de traballo nas restantes provincias galegas.
Unha vez que remate esta rolda formativa, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas organizará charlas e mesas de debate para dar a coñecer o contido do Decreto á poboación local, que vive e traballa en consonancia cos valores ambientais da Rede Natura 2000. A finalidade deste tipo de encontros é dar a coñecer de forma pormenorizada o que se pode facer, ou non, no territorio protexido e baixo que condicións.
A Rede Natura en Lugo
A provincia de Lugo é a que máis superficie ten incluída na Rede Natura, con máis dun 40% do total. Presenta unha gran variedade de espazos.
En concreto, a provincia conta con catro ZEPA (Zona de Especial protección para as aves) Costa da mariña occidental, Ría de Foz, Ribadeo e Ancares. En canto ás ZEC (Zona de Especial Conservación), na rexión bioxeográfica mediterránea, está o Canón do Sil, compartido coa provincia de Ourense, na rexión bioxeográfica atlántica, localízanse as ZEC Costa da mariña occidental, Monte Maior, Río Ouro, As Catedrais, Río Landro, Ría de Foz-Masma, Río Eo, Serra do Xistral (con parte do territorio na provincia da Coruña), Carballido, Negueira, A Marronda, Parda-Ladra-Támoga, Cruzul-Agüeira, Monte Faro e Serra do Candán (que inclúe territorios de Lugo). Por último, compartidos entre as dúas rexións bioxegráficas localízanse as ZEC Os Ancares-O Courel, e Río Cabe.
Alberga ademais, dentro do seu territorio o humidal protexido da Ría de Ribadeo tamén recoñecido como humidal de importancia internacional-Ramsar, cos monumentos naturais do Souto da Retorta e da Praia das Catedrais, así como outras figuras de protección como o espazo natural de interese local Loio-Ruxidoira, e as Reservas da Biosfera Terras do Miño, Río Eo, Oscos e Terras de Burón, e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
O Plan director define un programa de medidas encamiñado a harmonizar a conservación dos hábitats e especies cos usos e aproveitamentos necesarios para garantir o desenvolvemento dos habitantes do territorio incluído na Rede Natura 2000. O seu obxectivo é manter ou restablecer un estado de conservación favorable dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna de interese para a conservación, tendo en conta as esixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais.
Para que este Plan se desenvolva e cumpra o seu obxecto é preciso formar e informar comezando polos propios técnicos da administración pública que son os encargados de velar polo seu cumprimento.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



