O 5 do xuño celébrase, coma cada ano dende que en 1972 o establecera a ONU, o Día Mundial do Medioambiente. O turismo é un dos sectores mais importantes en expansión na economía mundial; compatibilizar a industria turística e a protección do medio ambiente debe ser primordial para acadar o obxetivo dun turismo sostible; precísase, polo tanto, un planeamento ordenado e respectuoso coa natureza e evitar así a súa destrucción por mor dun desarrollo desconsiderado cos valores que son a razón de ser dun mercado baseado na chamada dos atractivos naturais: a beleza e salubridade dos contornos; a riqueza cultural nos mais variados aspectos; o interese da historia e cantas consideracións podan exercer de talismán para as persoas que buscan o contrapunto á existencia agobiante e artificiosa da cidade.
Os nosos pobos, sen renunciar á modernidade, teñen que conservar as singularidades tradicionais dunha vivencia social e human, pracenteira e distendida, que só se logrará dende o respecto ó medio natural, con espacios para a convivencia, que no diseño urbanístico e dotacional debe primar para garantir a permanencia dunhas condicións de vida anheladas por quen elixen como destino lugares que ofrezan tales condicións, e deixar esta herdanza ás xeracións vindeiras.
Sen embargo a actividade turística actual, así como un urbanismo socabado por especulacións públicas e privadas, expresa ben a contradicción existente entre unha sociedade cada vez mais interesada na conservación do patrimonio natural e cultural, e a degradación resultante do mesmo, cando non existe un planeamento adecuado, e non se emplean solucións sensatas e non agresivas, que permitan un desarrollo sostible.É certo que éste esixe a participación de tódolos axentes relacionados co sector, así como espacios de diálogo e sensibilización e apertura ás innovacións; traballo conxunto que, finalmente, require protagonismos compartidos. A “democracia é ceder autoridade para compartir”.
Suso Fernández



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



