Foz, 15 de maio de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anima aos veciños a participar na viaxe a Quiroga organizada polo Concello para asistir á XIV Mostra do Aceite este vindeiro domingo, día 18. O rexedor explicou que aínda quedan algunhas prazas libres e o prazo para apuntarse remata mañá, venres.
“Quedan as últimas prazas para a viaxe á XIV Mostra do Aceite de Quiroga, que faremos o próximo domingo. Sairá un autobús ás 9 e media da mañá dende a Casa do Concello cara a Quiroga e alí visitaremos a Mostra do Aceite, comeremos e ademais veremos o museo etnográfico. E á volta, para completar a viaxe, visitaremos tamén o mosteiro de Samos, no que estaremos acompañados por unha guía e trataremos de ver unha mostra do patrimonio histórico da Ribeira Sacra”, comentou Javier Castiñeira.
O alcalde recordou que os veciños de Quiroga estiveron na Festa do Chicharrón o pasado fin de semana “e cumpriron con Foz perfectamente e o Concello quere animar a todos os focenses a acercarse a Quiroga. Para anotarse teñen que chamar ao teléfono do Concello 982.140.027 e poñerse en contacto con Pili López. O prezo da viaxe son 20 euros e vai incluído tanto o autobús como a comida e as entradas ao museo etnográfico de Quiroga e ao mosteiro. Todos os que o desexen teñen de prazo para anotarse ata mañá, venres. Iremos tamén varios membros da corporación para acompañar aos veciños. A intención é pasar un bo día todos xuntos, un domingo agradable na Ribeira Sacra, traer unha mostra do mellor aceite de Galicia e quizais algunha botella de viño de Quiroga”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



